26.3.12

«A poesía abre o apetito». Vídeos e recursos sobre «O meu gato é un poeta»

Unha das cuestións que me máis me están a sorprender sobre O meu gato é un poeta é a súa enorme flexibilidade para adaptarse a distintos niveis educativos. Desde Educación Infantil ata 1º da ESO, visitei numerosos centros nos que o libro encaixou en niveis moi diferentes ou distantes.
Aínda que eu poida entender que os destinatarios ideais do libro son os de 3º, 4ª ou 5ª de Primaria, non é menos certo que funciona moi ben en Infantil (os proxectos que levou adiante @MestraPrimaria, e que reproduzo a continuación, demóstrano), pero tampouco é menos certo que funciona moi ben en 6ª de Primaria ou mesmo en 1º da ESO (de feito, visitei alumnado deste curso que o leron e sintonizaron con el nos IES de Valadares, Colexio Mariano, IES de Teis, etc).

«A poesía abre o apetito», vídeo sobre O meu gato é un poeta elaborado por alumnos de 3º de Primaria do CPI Virxe da Saleta en marzo de 2012 (César A., César B., Adrián, Clara, Gabriel, Sara, Alicia, José Manuel, Rocí­o, Belén e Xiana), co profesor Martiño Ramos.


A Poesía abre o apetito para comer from cpivirxedasaleta on Vimeo.


En calquera caso, eu non podo máis que estar agradecido aos fermosos materiais e recursos didácticos que o profesorado está a crear, cos rapaces e rapazas, a partir de O meu gato é un poeta. Un deses recursos é a ficha didáctica elaborada polo Club de Lectura Compatida do CPI do Rosal (descargar) onde estiven de visita esta semana pasada.
Outro recurso co que tamén me agasallaron esta semana foi o vídeo que elaboraron no CPI Virxe da Saleta de Cea (os mesmos que fixeron aquel fermoso vídeo de «A lingua sabe a pan»). E, moi nomeadamente, os traballos que está a levar a cabo a profesora Ana Mariño (@MestraPrimaria), que o ano pasado traballou en Educación Infantil co poema MIAU de «O meu gato é un poeta» e mesmo elaborou unha páxina para presentar no Encuentro de Buenas Prácticas TIC, celebrado no CITA da Fundación Germán Sánchez Ruipérez; e este ano traballa co libro cos seus alumnos de Primaria en Salvaterra de Miño.


Os trabalinguas de O meu gato é un poeta nun vídeo elaborado polo alumnado do C.E.P. Sequelo de Marín durante o curso 2011-2012, co profesor Xosé Pazos.




Vídeo sobre o poema «Miau» de O meu gato é un poeta, elaborado polo alumnado de infantil do CEIP Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño) durante o curso 2010-2011, coa profesora Ana Mariño (@MestraPrimaria).




MANUAL PARA SER POETA, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach



Vídeo de Duetto Buffo Di Due Gatti, con Montserrat Caballé e Montserrat Martí, empregado no Club de Lectura do CPI do Rosal como apoio para a lectura de O meu gato é un poeta en 2, 3 e 4º de Primaria no Club Lecturas Compartidas. 





Traballando poesías de Fran Alonso, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach


Traballando O meu gato é un poeta por @MestraPrimaria, on PhotoPeach


Traballos sobre O meu gato é un poeta, por @MestraPrimaria, on PhotoPeach


13.3.12

Neruda

Hai bastantes anos tradución este poema de Neruda, a petición da revista Terra sen amos. Neruda, o inmortal Neruda. Aproveito para reproducilo en Cabrafanada.


As satrapias

Nixón, Frei e Pinochet
ata hoxe, ata este amargo
mes de setembro
do ano 1973,
con Bordaberry, Garrastazú e Banzer,
hienas voraces
da nosa historia, roedores
das bandeiras conquistadas
con tanto sangue e tanto lume,
enchoupados nas súas herdades,
depredadores infernais,
sátrapas mil veces vendidos
e vendedores, acirrados
polos lobos de Nova York,
máquinas famentas de dores
lixadas no sacrificio
dos seus pobos martirizados,
prostituídos tratantes
do pan e do aire americano,

lameiras, verdugos, fato
de prostibularios caciques,
sen outra lei que a tortura.
E a fame zorregada do pobo.



Santiago de Chile,
15 de setembro de 1973

12.3.12

Entrevistas sobre «Transición» na radio (en mp3)

Das distintas informacións que foron saíndo sobre o meu último poemario, Transición, gustoume moito a estrutura e desenvolvemento da entrevista que me fixeron para o Diario Cultural da Radio Galega, entrevista que se pode escoitar ou descargar en mp3 neste enlace.


Na última semana, tamén o programa La Voz en Espiral, un programa de radio de unha hora semanal sobre poesía que se emite desde Mérida, dedicoulle atención a Transición, na voz do crítico Ramón Nicolás, e na dos presentadores Suso Díaz e Mari Paz.






Na TVG, o programa da Zig Zag entrevistounos hai alguhas semanas a María Lado e mais a min para falar sobre o poemario.