21.3.11

As fotos dun gato que non é poeta pero é lector de gatos poetas

Maribel Serantes colgou na súa páxina de facebook unhas sensacionais fotos do seu gato Veli Evil, que non é poeta, pero le O meu gato é un poeta. Sen dúbida, a amizade de Veli Evil co meu gato poeta está garantida. Vaia por diante o meu agradecemento para Maribel por tan estupenda sesión fotográfica e e para Veli Evil pola devoción coa que le as páxinas do libro que me dictou o meu gato poeta. Eu creo que é empatía da amizade felina.














2 comentarios:

  1. Non sei por qué, pero na segunda fotografía aparece cunha postura bastante innatural... Se cadra é porque se me asemella incómoda.
    En todo caso, se tanto lle gustan os teus poemas a un gato haberá que botarlles unha ollada. Ó fin e o cabo, un gato sabe o que fai.

    ResponderEliminar
  2. Eu creo que debía estar intentando pasar a páxina, por iso non estaba cómodo. Alégrome de que te animes a botarlles unha ollada. Saúdos.

    ResponderEliminar