11.1.07

María do Cebreiro e o discurso literario

Hoxe recomendo esta entrevista coa mellor e máis interesante poeta dos hemisferios atlánticos, que ademais desmente implicitamente ese hipotético feito no que insiste Jaureguizar (e ten parte de razón) de que os/as poetas temos dificultades para establecer un discurso literario sobre os nosos libros ou sobre a nosa propia obra. Eu creo que iso é algo que, coma sempre, depende das persoas (a María do Cebreiro é evidente que non lle sucede), pero desde logo coincido con el en que afecta en moita maior medida aos poetas que aos narradores. Tópico ou non, a miña experiencia demóstrame que é así. Se cadra é que a concepción tradicional do xénero libérao de todo tipo de explicacións que lle poidan arrebatar o seu pretendido glamour. Pero tamén coñezo uns cantos narradores, querido Jaure, incapaces de explicar o que fan. En todas partes cocen fabas ou c'est la vie.




Ningún comentario: