26.11.06

Literatura ¿urbana?

Acaba de rematar o encontro que me tivo toda a fin de semana retido no Pazo de Mariñán, xunto cun nutrido grupo de escritores/as, debatendo en torno á cidade e á literatura. Toda a miña opinión e percepción do asunto resumina no relato "Estilo de vida", que polo momento se publicará nun volume da Deputacion da Coruña. O relato ten moito que ver cunha das miñas liñas literarias, a que esta presente noutros relatos e novelas curtas como "Silencio", "Veciños", "Ninguén" e mesmo no poemario "Balada solitaria". A pregunta que eu fago é: ¿pervive hoxe en Occidente a cultura rural ou esta definitivamente condenada e en vías de extinción? Isto ultimo é o que eu sospeito.

Ningún comentario: