4.5.05

Sorpresa

Había máis dun ano que perdera o meu reloxo. Teño que confesar que desde hai un par de meses, andaba provisionalmente cun reloxo católico que me agasallaron nun centro de ensino onde fun dar unha charla sobre a miña obra. Onte, consultando un libraco impertinente, tamén produto doutro regalo (unha cronoloxía histórica do século XX), atopei o meu reloxo sepultado entre as súas páxinas. Esa, sen dúbida, é outra das virtudes dese obxecto incrible e marabilloso que é o libro: é quen de atrapar o tempo entre as súas entrañas.

Ningún comentario: